Fecoht Informa

Fecoht Informa

29 marzo 2014

Concentración Gadis Coruña contra despidos disciplinarios.....

Este venres realizouse unha concentración dentro dun supermercado e recollida de sinaturas entre a clientela

A campaña que se está a desenvolver nos últimos meses contra a política de despedimentos disciplinares aplicada por Gadis, alegando baixa produtividade (mesmo con persoal en situación de baixa médica), vénse de intensificar co inicio de recollida de sinaturas entre a clientela e un incremento das mobilizacións en distintos supermercados da empresa.
 
 
Este venres, CIG-Servizos e CCOO convocaron unha nova concentración diante dun Gadis, nesta ocasión no estabelecemento situado na rúa Félix Estrada Catoira da Coruña, onde nas últimas semanas a empresa despediu ás dúas traballadora da peixaría, aducindo baixa produtividade.

28 marzo 2014

3 de Abril #StopRecortes con CCOO e UXT

 
3 de abril: Xornada de concentracións por todo o país
 
Basta xa de recortes!
 
O 3 de abril, UGT e CCOO de Galicia convocan unha xornada de concentracións en todo o país ao abeiro da convocatoria de euromanifestación da CES o 4 de abril, para rexeitar as políticas de austeridade e de recortes e esixir un plan de investimentos que permita reactivar a economía e crear emprego de calidade. Unha advertencia que a cidadanía española lanzará ao Goberno, en primeiro lugar, e ao resto das formacións políticas españolas que acudirán ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio, para lles esixir un cambio de rumbo das políticas europeas e nacionais.

Así non se pode seguir. As políticas de austeridade e de recortes que puxeron en marcha distintos gobernos, da man da chamada troica comunitaria —FMI, BCE e Comisión Europea— non fixeron máis ca incrementar as desigualdades entre uns países e outros, o paro, a pobreza e a exclusión social. Ademais, produciuse un forte retroceso das políticas públicas, nun contexto de progresivo desmantelamento do estado de benestar e de eliminación de dereitos sociais e laborais. Son xa 26,5 millóns de persoas en paro, das cales case 6 millóns son menores de 25 anos.

Vemos con preocupación o posible agravamento da crise se o Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e os Estados Unidos se leva adiante nos termos en que se está negociando, cos que as multinacionais e a banca mundial terían un poder ilimitado, sen trabas legais de ningún tipo. Este acordo, que aparenta a supresión de aranceis, oculta a eliminación das regulacións que protexen as persoas como traballadoras e consumidoras.

Desde que en maio de 2010 as autoridades comunitarias impulsaron os plans de axuste e cominaron os gobernos da Unión, entre eles o español, a unha redución drástica do déficit e ás reformas estruturais do mercado de traballo, do sistema financeiro e das pensións, asistimos a unha perda continuada de dereitos e prestacións e mais a un aumento escandaloso do desemprego, que en España atangue xa a seis millóns de persoas, das que 280.000 son galegas e, destas, 35.000 son menores de 25 anos. Unhas políticas de control dogmático do déficit que conduciron o país pola senda do paro masivo, a pobreza e a exclusión social.

Nas sucesivas mobilizacións e folgas xerais que se levaron a cabo no noso país, os sindicatos e o Cumio Social esixiron outras políticas económicas e sociais orientadas a reactivar a economía, crear emprego e avanzar cara a outro modelo produtivo.

Mais foi en van ata o momento. O anterior Goberno, que puxo en marcha o primeiro paquete de medidas de axuste, reforma laboral incluída, e especialmente o Goberno de Mariano Rajoy, seguiron ao pé da letra a axenda imposta polas institucións financeiras e os mercados, á custa de sacrificar dereitos e conquistas históricas da poboación asalariada e da cidadanía, e de ceder espazos da democracia á acción de institucións e organismos non democráticos.







Por iso, cando agora nos din que aqueles sacrificios están dando os seus froitos e que haberá que seguir cos recortes, dicimos alto e claro que menten e que non imos permitir que se siga desmantelando o Estado social. Un país que está perdendo transcendentes conquistas sociais e laborais, que ve retroceder ata límites intolerables a calidade da democracia e que conseguiu bater a marca de paro en Europa na mesma medida que baixaba a taxa de actividade e se golpeaban os sistemas públicos de protección social, non pode presumir de logros, senón de todo o contrario. O Goberno debería pedir perdón, sobre todo aos millóns de persoas empurradas á pobreza e a exclusión, e proceder decontado a cambiar o rumbo da súa política económica e fiscal.

Neste sentido, apoiamos a iniciativa da Confederación Europea de Sindicatos de lles demandar con urxencia ás autoridades europeas e aos gobernos nacionais un programa de investimentos en sectores como a enerxía, redes e infraestruturas de transporte e telecomunicacións, a reindustrialización en sectores de futuro, a educación, a formación, I+D+i, servizos públicos de calidade ou rehabilitación de vivenda social… Proponse para isto un obxectivo de investimento anual do 2 % do pib europeo durante dez anos para que Europa volva á senda do crecemento económico sostible e de creación de emprego. Un plan audaz, cuxa posta en marcha permitiría crear once millóns de postos de traballo, así como poñer fin aos recortes no gasto público, aumentar os salarios e reforzar as prestacións e redes de protección social, e moi especialmente para as persoas que máis están a sufrir os efectos da crise.

Esas son as razóns da xornada de concentracións que terá lugar o 3 de abril nas principais cidades do país. Unhas mobilizacións nas que diremos BASTA XA DE RECORTES! e esixiremos un novo rumbo para reactivar a economía, crear emprego e reforzar os sistemas públicos de protección social. 

#StopRecortes
 
#NewPaht4Europe

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2014


ORDE DO 11 DE MARZO DE 2014, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS QUE SE REXERÁ A CONCESIÓN DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2014


OBXECTO
Establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar polos fillos e fillas menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2014.
PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas que teñan fillos ou fillas menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2014 e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo irpf correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas facelo.
No caso de fillos ou fillas adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
REQUISITOS
           Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
           Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

TIPO DE AXUDA E CONTÍA
A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada fillo ou filla menor de tres anos.

SOLICITUDE
A solicitude formalizarase no formulario normalizado e, no caso de nova solicitude, xuntarase a documentación necesaria.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o 26 de abril de 2014.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

Tamén se poden presentar en soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviala por correo postal, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario.
RESOLUCIÓN
Correspóndelle á Consellería de Traballo e Benestar, no prazo de cinco meses contado desde o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.
PAGAMENTO
O pagamento das prestacións reguladas nesta orde farase unicamente na conta bancaria que as persoas solicitantes fagan constar.

06 marzo 2014

Concentración Mercadona Canido (Ferrol 6-3-2014)

Esta tarde se celebró la concentración convocada por Fecoht-CCOO delante del Mercadona del Barrio de Canido en Ferrol bajo los lemas. Non á represión sindical en Mercadona y Mercadona non respecta os dereitos e a dignidade das persoas se han situado delante de la puerta del supermercado, pero sin interrumpir el acceso al mismo.

Uno de los ejes de las reivindicaciones se centra en el reconocimiento por parte de la empresa de la representación sindical. Y es que el presidente del Comité de empresa de Mercadona en la Provincia de A Coruña, André Abeledo, ha denunciado que no se les reconoce «como máximo órgano de representación dos traballadores. Non conseguimos que a empresa nos tome en serio».

También demandan que se respete el derecho de reducción de jornada por guardia legal para poder conciliar la vida laboral y familiar. En este sentido, Abeledo ha explicado que la empresa pide a los trabajadores que «axusten a súa reducción de xornada ás necesidades da tenda».

Por otra parte, desde el comité de empresa reclaman que «se nos deixe de castigar» a los delegados sindicales, ya que este año la empresa les ha retirado la prima de beneficios que ronda los 2.000 euros al año. «Levamos sendo castigados durante bastante tempo tanto á hora de facernos a vida máis complicada, como tamén no tema salarial».

Admiten que no reciben un mal salario, son mileuristas, pero advierten que eso no significa que «non teñamos dereitos ou que teñamos que asumir que porque nos paguen todos os meses cando nos chaman á casa teñamos que ir a traballar».




04 marzo 2014

Mabel Fernández, Carta de Agradecimiento.....

FECOHT GALICIA: Después de muchos años de delegada con CCOO, estos 5 meses desde tu "injusto" despido, con 11 concentraciones, un juicio y un acuerdo entre las partes, nos has dado a todas y todos un ejemplo de LUCHA, de COHERENCIA, de CONSTANCIA y por todo ello te queremos dar las gracias y desearte suerte en la nueva etapa que comienzas en tu vida,
 
CARTA DE MABEL FERNÁNDEZ A LA FAMILIA DE CCOO: 
 
 
Hoy, después de mucho tiempo de lucha, se ha visto la importancia de que día a día seamos constantes y lo digo  no solo por los 5 meses anteriores a la fecha de hoy, sino al conjunto de los años desde que empecé como delegada sindical en CCOO.

La lucha fue desde el primer día hasta hoy, en ocasiones agotadora pero en otras esta lucha se transformaba en ilusiones y lo gratificante que puede llegar a ser solo lo sabe el que realmente pelea por conseguirlo, la vida como en todo tiene injusticias y mi despido fue una de ellas, por los motivos que dieron y la causa real que era....era algo que no me cogió de sorpresa, sabía que una vez perdiera la protección de delegada era cuestión de días o meses, y así fue el 4 de octubre cuando me incorporaba a mi puesto de trabajo en el que llevaba 10 años me esperaba mi carta de despido disciplinario, las causas ya están mas que publicadas, caja de perchas en pasillo de probadores o una cafetera en puesto de oficina.....entre otras cosas mas absurdas....

Pues bien ante tal injusticia que hacer, seguir peleando, lo tuve claro desde el primer momento, y hoy 5 meses después esta batalla llega a a su fin. Acuerdo económico, 98 días x año y la dignidad bien alta, he visto como una gran empresa como el Grupo Cortefiel ha tenido miedo de alguien tan insignificante como yo, me voy con la cabeza muy alta, tengo la espinita y también tengo que reconocerlo de la readmisión.....ahora ya está, seguiré en la calle peleando por que esa es mi condición y por que en este mundo hay muchas cosas que mejorar....

Sin duda la mejor recompensa q me llevo es el gran apoyo recibido, estaría días dando las gracias por que de verdad que si de algo estoy orgullosa es de todas las personas que tengo a mi alrededor y de pertenecer a un sindicato como CCOO, y podría ir diciendo una por una a todas y cada una de las personas que de una u otra forma han estado ahí, en mi pequeña batalla,

GRACIASSSSS

03 marzo 2014

Proclamación definitiva de Candidaturas Congreso fusión Comfia-Fecoht


6 de Marzo 18:00h Concentración Mercadona de Canido Ferrol

CONCENTRACIÓN EN MERCADONA.





"NON A REPRESIÓN SINDICAL EN MERCADONA", e "MERCADONA NON RESPECTA OS DEREITOS E A DIGNIDADE DAS PERSOAS".


O xoves día 6 de Marzo terá lugar unha concentración as 18:00 no Mercadona de Canido en Ferrol.

Xunto a esta acción de protesta continuaremos cunha recollida de sinaturas e unha serie de concentracións diante das tendas de Mercadona da provincia de A Coruña.

 



As sinaturas se están a recoller tanto na rúa coma por internet no seguinte enlace:

https://secure.avaaz.org/es/petition/Mercadona_Firmas_contra_la_represion_sindical_en_Mercadona/?fbdm