Este venres realizouse unha concentración dentro dun supermercado e recollida de sinaturas entre a clientela
A campaña que se está a desenvolver nos últimos meses contra a política de despedimentos disciplinares aplicada por Gadis, alegando baixa produtividade (mesmo con persoal en situación de baixa médica), vénse de intensificar co inicio de recollida de sinaturas entre a clientela e un incremento das mobilizacións en distintos supermercados da empresa.
Este venres, CIG-Servizos e CCOO convocaron unha nova concentración diante dun Gadis, nesta ocasión no estabelecemento situado na rúa Félix Estrada Catoira da Coruña, onde nas últimas semanas a empresa despediu ás dúas traballadora da peixaría, aducindo baixa produtividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario