ORDE DO 11 DE MARZO DE 2014, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES
POLAS QUE SE REXERÁ A CONCESIÓN DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR
FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2014
OBXECTO
Establecer as bases polas que se rexerá a concesión da
prestación familiar polos fillos e fillas menores de tres anos, así como a convocatoria
destas axudas para o ano 2014.
PERSOAS
BENEFICIARIAS
Persoas que teñan fillos ou fillas menores de tres anos en 1
de xaneiro de 2014 e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningunha das persoas
que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración
polo irpf correspondente a este
período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas facelo.
No caso de fillos ou fillas adoptados ou acollidos entre o
31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación
concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou
administrativa que a declare.
REQUISITOS
— Que as persoas proxenitoras teñan a
súa residencia habitual en Galicia.
— Que na data da solicitude os nenos ou
as nenas convivan coa persoa solicitante.
TIPO
DE AXUDA E CONTÍA
A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por
cada fillo ou filla menor de tres anos.
SOLICITUDE
A solicitude formalizarase no formulario normalizado e, no
caso de nova solicitude, xuntarase a documentación necesaria.
PRAZO
DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o 26 de abril de 2014.
LUGAR
DE PRESENTACIÓN
Preferentemente por vía electrónica a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
Tamén se poden presentar en soporte papel utilizando o
formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En
caso de enviala por correo postal, o envío deberá ser certificado, co selo de
Correos na primeira folla do formulario.
RESOLUCIÓN
Correspóndelle á Consellería de Traballo e Benestar, no
prazo de cinco meses contado desde o día seguinte ao da data en que a
solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa
tramitación. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as
solicitudes teranse por desestimadas.
PAGAMENTO
O pagamento das prestacións reguladas nesta orde farase unicamente
na conta bancaria que as persoas solicitantes fagan constar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario