Fecoht Informa

Fecoht Informa

25 abril 2012

MANIFESTACIONES DEL #29A y el #1deMayo en Galicia

CCOO e UGT mobilizaranse o día 29 de abril e o Primeiro de Maio en defensa do emprego e dos servizos públicos

CCOO e UGT chaman a cidadanía a mobilizarse «masivamente» o día 29 de abril en defensa da sanidade e a educación públicas, e no Primeiro de Maio en defensa do emprego digno e con dereitos. Así o expresaron esta mañá en conferencia de prensa os secretarios xerais de ambas as dúas organizacións en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez.




O máximo responsable de CCOO, Sánchez Aguión, criticou que as políticas para reducir o déficit supoñen «atacar e desmantelar» os servizos públicos esenciais, e asegurou que os recortes en sanidade e educación «non van mellorar a situación económica, senón que implicarán un retroceso moi importante». En sanidade, denunciou que se pretenda deteriorar o servizo publico e «potenciar» que as persoas que teñan recursos contraten seguros privados. Nesta conxuntura, vaticinou un incremento da morbilidade, da mortaldade e das listas de espera.

En materia de emprego, rexeitou as políticas levadas a cabo polo PP, xa que «se antes xa se abusaba dos ERE para alixeirar persoais, agora hai máis facilidade», como proba o aumento que rexistraron os expedientes de regulación de emprego. Por ese motivo, afirmou que a reforma laboral «só serve para destruír emprego e deteriorar as condicións de traballo». Precisamente, denunciou que numerosas empresas estean a despedir persoal «con antigüidade e con dereitos» para o substituír por persoas «que, grazas á reforma, practicamente non teñen dereitos», polo que foi rotundo ao asegurar que non se pretende ter traballadores, senón «servos».



MANIFESTACIÓNS DO 29 DE ABRIL

- A CORUÑA: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza da Palloza e remate na praza do Obelisco.
- FERROL: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza do Inferniño e remate na praza de Armas.
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: Manifestación ás 12 horas. Saída da Alameda e remate na praza das Praterías.
- LUGO: Manifestación ás 12 horas. Saída do edificio sindical (rolda da Muralla) e remate na Subdelegación do Goberno.
- BURELA: Concentración ás 12:30 horas na praza do Concello.
- OURENSE: Manifestación ás 12 horas. Saída do Pavillón dos Remedios e remate diante da Subdelegación do Goberno.
- PONTEVEDRA: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza da Ferrería e remate na Subdelegación do Goberno.
- VILAGARCÍA DE AROUSA: Manifestación ás 12 horas. Saída da avenida da Mariña e remate na praza da Ravella.
- VIGO: Manifestación ás 12 horas. Saída do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e remate diante do edificio administrativo da Xunta.

MANIFESTACIONS 1.º DE MAIO EN GALICIA

- A CORUÑA, 12:00 horas.
Praza da Palloza ata Obelisco
- FERROL, 12:00 horas. Praza do Inferniño ata Praza de Armas
- SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12:00 horas. Alameda ata Praza de Praterías
- RIBEIRA, 11:30 horas. Praza do Concello ata Capitanía Marítima
- LUGO, 12:00 horas. Edif. Sindicais (Rolda da Muralla) ata Subdelegación do Goberno
- BURELA, 12:00 horas. Praza da Mariña ata locais da CEL
- OURENSE, 12:00 horas. Pavillón dos Remedios ata Subdelegación do Goberno
- PONTEVEDRA, 12:00 horas. Praza da Ferreiría ata Subdelegación do Goberno
- VILAGARCÍA, 12:00 horas. Praza da Ravella ata Praza de Galicia
- VIGO, 11:30 horas. Cruzamento Vía Norte-Urzaiz ata Edif. Administrativo da Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario