Fecoht Informa

Fecoht Informa

11 febrero 2014

Cierre Restaurantes Nostrus en España


EFECTOS REFORMA LABORAL

O Restaurante “Nostrus” do grupo Zena baixará en breve a persiana en Carrefour-Ourense

12 traballadores fixos pasarán ao desemprego en Ourense, 300 en toda España. 


A reforma laboral e a avaricia empresarial cárganse o restaurante “Nostrus” ubicado nas instalacións de Carrefour-Ourense

 

A Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense informa que o Grupo Zena de restauración está dando os pasos precisos para pechar o establecemento de restauración “Nostrus” ubicado no Carrefour de Ourense, xunto con tódolos establecementos “Nostrus” de España, medida empresarial que afecta a 12 traballadores fixos en Ourense e a uns 300 en toda España.

Segundo CCOO, previsiblemente hoxe martes, pola tarde, representantes da empresa comunicaranlle aos traballadores a decisión empresarial.  

CCOO informa que a dirección do “Grupo Zena”, conglomerado de restauración encabezado por “Food Service Project”, decidiu dar carpetazo fai un tempo a unha das súas divisións de actividade empresarial do grupo, a línea “Nostrus”, establecementos de restauración instalados nos distintos hipermercados de Carrefour en España e así, baixo o paraugas da reforma laboral e co argumento empresarial do descenso de ventas e dunha suposta escasa rendabilidade, “Zena” leva ultimando nos últimos meses as medidas precisas para eliminar máis de 300 postos de traballo en todo o estado e para pechar a actividade de tódolos restaurantes “Nostrus”.  

CCOO lamenta a decisión do “Grupo Zena”, ao tempo que advirte que, con exemplos coma este, é máis que palmario que a Reforma Laboral do Partido Popular non resolveu nada no ámbito do emprego nin da actividade produtiva, senón que o que realmente fixo e fai é favorecer a destrución de emprego e fomentar a precariedade laboral ao outorgarlle aos empresarios tódalas facilidades para desfacerse dos traballadores fixos a prezo de saldo.    
 
Ourense, 11 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario