Fecoht Informa

Fecoht Informa

10 octubre 2012

Convenio Hostal Reis Catóicos Santiago Compostela


CONVENIO HOSTAL DOS REIS CATOLICOS

 

FECOHT GALICIA                                                                                                       10/10/2012

 Estase a negociar o convenio do Parador dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.

A orixe desta negociación remóntase a  Decembro de 2010 cando rematou a vixencia do anterior convenio. A partir desta situación conseguimos ter un encontro coa parte empresarial a principios do ano 2011.

Nesta xuntanza solicitóuselle a empresa que presentaran algún tipo de guión ou plataforma desde a cal se sentaran as bases para negociar o novo convenio.

Despois dunha longa espera temos noticias da empresa no mes de Setembro de 2012, motivado polas concentracións que os traballadores xunto coas centrais sindicais presentes no Comité de Empresa levan a cabo todos os martes e xoves diante do hostal, onde nos piden que presentemos nós a plataforma do convenio, cuestión  que nos sorprende bastante, xa que había máis dun ano que presentáramos á empresa un documento  co contido dos puntos máis importantes a tratar.

Sendo coñecedores da situación actual da rede de paradores no seu conxunto, e coñecendo tamén que a situación económica do Hostal dos Reis Católicos é positiva, xa que está a dar beneficios na actualidade tal como recoñece a propia dirección, presentamos unha plataforma que consiste en manter o convenio que existe actualmente, coas seguintes modificacións: 

1º Duración de dous anos (2011 e 2012)

2º Subida do 2% cada un dos anos en todos os conceptos retributivos

3º Dereito á prima de produción cando a incapacidade temporal sexa por enfermidade derivada do desenvolvemento do seu posto de traballo

4º Convocatoria de dúas prazas de camareiro ou camareira e consolidación do encargado de mantemento, así como  da segunda xefa de recepción

5ºRecoñecemento da gratificación por matrimonio  tamén ás parellas de feito.

As peticións pola  parte social  son en todo momento equilibradas á situación actual , pero a empresa as rexeita todas e non só iso, senón que a súa pretensión e que se recorten os principais puntos da parte social do convenio, pedindo flexibilidade en cuestións fundamentais como os horarios, licenzas e permisos, premios de xubilación, complementos por IT, mudar o sistema de habilitacións etc.

Tamén temos que dicir que despois de insistir conseguimos o compromiso da empresa de que nos presentara una contra-proposta explicando de forma clara , explicando cal son as súas pretensións en cada un dos artigos  que pretenden modificar no actual convenio.

 Desde CCOO, temos claro que non imos a consentir que se dea un paso atrás nas condicións que tanto traballo lles custou conseguir a os traballadores e traballadoras do Parador de Santiago.

 Polo tanto comunicamos que imos  seguir coas concentracións que xa tiñamos programadas e que  lembramos a continuación:

Todos os Martes polas tardes de 16:30 a 17:30 e todas as mañás dos Xoves de 12:00 a 13:00.

Dende CCOO  pedimos a participación de cada un de  vos nas concentracións.

 É importante  poñer freo as agresións dos nosos dereitos mais fundamentais.

HAI QUE PARALOS!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario