"Hoxe realizamos unha concentración ante o GADIS do Centro Comercial Catro camiños na Coruña, como protesta aos despedimentos que a empresa MERCARTABRIA ( SupermercadosGADIS) esta levando a cabo nos últimos meses.
Dende o Comité de Empresa, pedíronse explicacións das razóns polas que a empresa despide traballadores en situación de baixa acusándoos de baixo rendemento.
Ante a falta dunhas explicacións claras por parte da dirección, as centrais sindicais CCOO e CIG decidimos emprender medidas de denuncia por estes feitos, que se iniciaron no día de hoxe coa concentración de protesta ante o supermercado do Centro Comercial Catro camiños.
A decisión de manter esta concentración de protesta, se tomo por maioría no seo do Comité de Empresa, aínda que hai que reflectir que non foi apoiada nin avalada, coa sua presencia no día de hoxe, polas centrais sindicais UGT e USO.

Por parte de CCOO non estamos dispostos a calar ante esta situación e valoraremos a posibilidade de tomar outras medidas, en caso de que a empresa non cese nesta conduta"
No hay comentarios:
Publicar un comentario