Fecoht Informa
12 agosto 2013
05 agosto 2013
04 agosto 2013
02 agosto 2013
DEP Yolanda Álvarez Padrón
Yolanda Álvarez Padrón, Yoli de Eroski como lle chamabamos con agarimo, foi traballadora de Supermercados Eroski en Ourense e delegada de CCOO ata que a enfermidade relegouna a unha xubilación prematura, enfermidade que finalmente terminou coa sua vida.
Yolanda sempre estará na noso lembraza, como unha gran nai, esposa, traballadora e compañeira, sempre cun sonriso na cara e sempre unha muller loitadora.
Hoxe Yolanda descansa , hoxe choramos a tua ausencia, pero reconfortanos saber que xa deixaches de sufrir, que a terra che sexa leve .....
01 agosto 2013
Concentración contra os despedimentos no Carrefour vigués da Gran Vía
Concentración contra os despedimentos no Carrefour vigués da Gran Vía
Mañá venres, día 2 de agosto, ás 20 horas, haberá unha concentración diante do Carrefour situado na Gran Vía de Vigo contra os despedimentos nesta superficie comercial.
CCOO denuncia o despedimento dun traballador por, segundo o criterio da empresa, aplicar un desconto para unha persoa que non tería dereito a el. A versión do agora ex-empregado é moi diferente, pois asegura que a compra a fixo el e que, como traballador de Carrefour, tiña dereito a utilizar ese desconto, aínda que o produto non fose para o seu uso particular, senón como un regalo para o amigo que o acompañaba.
Na súa opinión, tras unha traxectoria profesional impecable, a empresa tiña outros mecanismos ao seu alcance se xulgaba incorrecto o seu procedemento, no canto de optar pola sanción máis grave, que é o despedimento.
O sindicato tamén denuncia que a filla da persoa que recibiu o agasallo, traballadora da empresa de seguridade do centro, acabou sendo tamén despedida. Pola súa parte, a caixeira que os atendera, foi sancionada de emprego e soldo varios días —a empresa recolle sancións deste tipo que oscilan entre os dezaseis días e os dous meses.
CCOO considera desproporcionados e inxustos os despedimentos e esixe a readmisión das dúas persoas afectadas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)