Fecoht Informa

Fecoht Informa

01 agosto 2013

Concentración contra os despedimentos no Carrefour vigués da Gran Vía

Concentración contra os despedimentos no Carrefour vigués da Gran Vía
 
Mañá venres, día 2 de agosto, ás 20 horas, haberá unha concentración diante do Carrefour situado na Gran Vía de Vigo contra os despedimentos nesta superficie comercial.
 
CCOO denuncia o despedimento dun traballador por, segundo o criterio da empresa, aplicar un desconto para unha persoa que non tería dereito a el. A versión do agora ex-empregado é moi diferente, pois asegura que a compra a fixo el e que, como traballador de Carrefour, tiña dereito a utilizar ese desconto, aínda que o produto non fose para o seu uso particular, senón como un regalo para o amigo que o acompañaba.

 
Na súa opinión, tras unha traxectoria profesional impecable, a empresa tiña outros mecanismos ao seu alcance se xulgaba incorrecto o seu procedemento, no canto de optar pola sanción máis grave, que é o despedimento.

O sindicato tamén denuncia que a filla da persoa que recibiu o agasallo, traballadora da empresa de seguridade do centro, acabou sendo tamén despedida. Pola súa parte, a caixeira que os atendera, foi sancionada de emprego e soldo varios días —a empresa recolle sancións deste tipo que oscilan entre os dezaseis días e os dous meses.

CCOO considera desproporcionados e inxustos os despedimentos e esixe a readmisión das dúas persoas afectadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario