Fecoht Informa

Fecoht Informa

08 julio 2010

Vigo e A Coruña acollerán o luns cadansúa asemblea nas que intervirán Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo


Son actos preparatorios da folga xeral do vindeiro 29 de setembro


09-07-2010.- O vindeiro luns, día 12 de xullo, Vigo e A Coruña acollerán cadansúa asemblea nas que os secretarios xerais de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, e UGT, Cándido Méndez, como acto preparatorio da folga xeral do día 29 de setembro, analizarán a reforma laboral imposta polo Goberno e outras medidas que conforman o plan de axuste do Executivo central.


Pola mañá, os secretarios xerais de UGT e CCOO estarán na cidade olívica. Ás 11.00 horas ofrecerán unha conferencia de prensa na sede de CCOO-Vigo (rúa Teixugueiras, número 11, entrechán, Navia). Xa ás 12.00 horas comezará a asemblea no teatro-cine dos Salesianos (rúa Venezuela, número 3) na que tamén intervirán os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e do S. N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión; tamén os máximos responsables de ambos os sindicatos en Vigo, Xosé Cameselle (CCOO) e Antonio Juste (UGT).


Pola tarde, está prevista unha asemblea na Coruña que comezará ás 16.45 horas no salón de actos da Facultade de Informática, no Campus de Elviña. Nesta intervirán Cándido Méndez e Ignacio Ferández Toxo, xunto con José Manuel Sánchez e José Antonio Gómez e os secretarios xerais de UGT-A Coruña, José Carrillo, e CCOO-A Coruña, Xosé Manuel Lado.


A presenza en Galicia dos máximos responsables de CCOO e UGT forma parte dun plan de visitas a todas as comunidades autónomas para dirixírense directamente aos traballadores, delegados e cadros de ambos os sindicatos, como acto preparatorio da folga xeral do 29 de setembro.



Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario