Fecoht Informa

Fecoht Informa

26 marzo 2010

Ola a todos e todas, en nome da Executiva de Fecoht Galicia, e no meu propio Isabel Castaño, como Secretaria Xeral de Fecoht Galicia, queremos darvos a benvida a todos os delegados e delegadas, afiliados e afiliadas, traballadores e traballadoras, da Federación de Comercio, Hosteleria e Turismo e a todo aquel que nos queira acompañar nesta nova aventura sindical:

http://fecohtgalicia.blogspot.com

Esta é a dirección do Blog de Fecoht Galicia , no que esperamos participedes cos vosos comentarios, vosas criticas, as vosas achegas, sempre desde o respecto e a educación.

Con esta iniciativa queremos liderar sindicalmente o ano 2010, dando a oportunidade aos traballadores e traballadoras do sector e en xeral a todos e todas, de ter un espazo propio, onde podemos estar informados e informar de todo o que ocorre na nosa empresa, e na súa contorna comercial, pero tamén no mundo sindical no que nos movemos.

Era imprescindible xa, que contásemos cunha ferramenta como esta, coa tecnoloxía ao noso alcance para poder utilizala da mellor maneira posible, e é por isto que nos decidimos a iso.
Esperamos sexa de utilidade para todos e todas, e que consigamos mantelo no tempo.

Atentamente

Isabel Castaño
Secretaria Xeral Fecoht-Galicia de CC.OO
r/ Miguel Ferro Caaveiro,8
15707 santiago de compostela
981.551.818
fecohtgalicia.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario