Galicia Sindical n.º 35 - 2.ª quincena de febreiro de 2013
- Como temas destacados, as mobilizacións do 10 de marzo e a distribución de responsabilidades na Comisión Executiva Nacional do sindicato
Xa está en liña o n.º 35 da publicación Galicia Sindical, que corresponde á segunda quincena de febreiro de 2013. O tema destacado na portada deste exemplar son as mobilizacións que convocan conxuntamente CCOO e UGT para o vindeiro 10 de marzo.

Na páxina 3 tamén se informa dos actos propios de CCOO para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega: o día 9 entregaranse en Santiago de Compostela os Premios 10 de Marzo (que este ano recaen en José Luis Paz Pena, Xaquín Álvarez Corbacho e Xan María Castro Paz) e o propio día 10 terá lugar en Ferrol o acto institucional, ás 11 horas.
Nas páxinas 4 e 5 infórmase da repartición de responsabilidades na nova Comisión Executiva Nacional de CCOO. O resto de páxinas complétanse co información sobre os principais acontecementos na actualidade sindical en Galicia nas últimas dúas semanas.
A publicación pódese consultar en formato PDF clicando aquí

No hay comentarios:
Publicar un comentario