AGRADECEMENTOS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE
CARREFOUR ALFONSO MOLINA

Desde CCOO queremos que saibades que nos sentimos moi
orgullosos de representarvos no Comité
de Empresa, e que con estas accións, todos e todas amosámoslle á patronal que
aínda estamos vivos, que non estamos dispostos a tolerar máis abusos, máis
recortes sobre os nosos mini-dereitos.
E seguimos a manter un ‘NON’ á resignación.
Xa desde o ano 2009 vimos sufrindo recortes en todas as
parcelas das nosas condicións de traballo, primeiro coa aprobación dun Convenio
que, entre outras cousas, quitábanos o dereito a cobrar o 100% das baixas por
IT,despois co acordo de modificación substancial das
nosas condicións de traballo, por último coa aplicación do Artigo 41 do ET, e
xa para rematala este ano, cunha plataforma de convenio colectivo, que de
aprobarse faríanos regresar practicamente aos tempos do franquismo.
Reiterar de novo o noso máis sincero agradecemento a
todas e a todos pola vosa participación maioritaria nesta denuncia pública.
XUNTOS PODEMOS
!!!
Grazas Compañeiros, Grazas
Compañeiras.
ADIANTE, NIN UN PASO ATRÁS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario