CCOO denunciará por «posible prevaricación» as persoas reponsables por decretar servizos mínimos «abusivos», informou Sánchez Aguión
Toxo: «Hai quen só se lembra do dereito ao traballo cando hai unha folga»
23-3-2012.- O secretario xeral confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, denunciou esta mañá en Santiago de Compostela que «algunhas persoas só se lembran do dereito ao traballo cando hai un proceso de folga, pero o resto do ano, non». Así o indicou en conferencia de prensa minutos antes de que no Palacio de Congresos compostelán comezase unha multitudinaria asemblea organizada conxuntamente coa UGT.

Canto á situación dos servizos mínimos en Galicia, Sánchez Aguión explicou que CCOO denunciará as persoas responsables por decretar servizos mínimos abusivos. «Non poden alegar descoñecemento, porque unha e outra vez as sentenzas dannos a razón», motivo polo cal considera que «pode haber prevaricación».
Ignacio Fernández Toxo criticou que Mariano Rajoy estea «excesivamente ocupado» coas campañas electorais de Andalucía e Asturias, e reprochoulle que non aproveitase o mes de marzo para negociar modificacións nunha reforma laboral que é «a máis desequilibrada» da democracia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario