Fecoht Informa

Fecoht Informa

20 febrero 2011

Carta para Recursos Inhumanos Carrefour Ourense


DE: ÓSCAR SANCHEZ, COMISIÓNS OBREIRAS

A: A DIRECCIÓN E RECURSOS HUMANOS DE CARREFOUR OURENSE.

Mediante a presente, queremos transmitirlles, unha vez máis,(e van unhas cantas) o noso malestar polas súas actuacións e polas continuas inxerencias da empresa no proceso electoral, todas elas encamiñadas a non manterse neutrais e perxudicar os intereses deste sindicato, Comisións Obreiras.

De momento expómoslle dous problemas xa visualizados por CCOO e que esperemos déasenos resposta rápida e contundente:
1. Chegáronnos rumores de que o outro sindicato no proceso, NON VAI A REPARTIR AS PAPELETAS NOS DIAS PREVIOS Á VOTACIÓN, obrigando aos seus compañeiros a coller a papeleta o día da votación.
A lei electoral, garante que o voto ha de ser, LIBRE, SEGREDO, PERSOAL E DIRECTO, por tanto non imos consentir o que pasou o 18N en Ourense.
Ou ben as papeletas e os sobres sitúanse na aula de formación, e cada traballador/a entra el só alí, colle o seu voto e logo pasa á sala de xuntas a votar, ou TODAS as papeletas están dentro da cabina electoral, TODAS.
Non permitiremos que ningún traballador/a sexa “sospeitoso” de mudar o sentido do seu voto, por non coller a papeleta da mesa e querer meterse na cabina.
Tendo en conta que lle estamos avisando con 20 dias de antelación, non nos van a valer excusas de última hora, que se a sala non está preparada, etc...

2. Desde CCOO parécenos unha vergoña, que en pleno período electoral, todas as contratacións fáganse con persoal do censo anterior, tentando repescar antigos traballadores do proceso anterior, para consolidar o seu dereito a voto por acumulación de xornadas.
Parécenos impropio aínda que non nos estrañou, o cal nos obriga a tomar medidas legais e “mediáticas”, (prensa, internet, etc..) en defensa dos nosos intereses.
Esperamos que non fagan súas, as verbas e o pensamento de Óscar Domínguez, (Ex director de Carrefour Petrer), “FETICO NO PUEDE PERDER NINGÚN VOTO”,
Agardando a súa resposta, poñémonos o seu dispor para calqueíra dúbida, ou aclaración sobre estes temas e os que vaian xurdindo.

Nin nos Domaron, Nin nos Doblegaron, Nin nos van a Domesticar

Óscar Sánchez Feijóo
Secretario de Organización S.S. Carrefour Galicia

1 comentario:

  1. ahí está oscar ... así me gusta ¡¡¡con dos cojones!!! ... hay que hacer ya y cuanto antes una movidilla en los aledaños de la encrucijada (carrefour)... bw

    ResponderEliminar