Fecoht Informa

Fecoht Informa

02 agosto 2013

#2Agosto "Concentración Contra los despidos en Carrefour Gran Via de Vigo"
























DEP Yolanda Álvarez Padrón


 
Yolanda Álvarez Padrón, Yoli de Eroski como lle chamabamos con agarimo, foi traballadora de Supermercados Eroski en Ourense e delegada de CCOO ata que a enfermidade relegouna a unha xubilación prematura, enfermidade que finalmente terminou coa sua vida.

Yolanda sempre estará na noso lembraza, como unha gran nai, esposa, traballadora e compañeira, sempre cun sonriso na cara e sempre unha muller loitadora.
Hoxe Yolanda descansa , hoxe choramos a tua ausencia, pero reconfortanos saber que xa deixaches de sufrir, que a terra che sexa leve .....  
 
 

01 agosto 2013

Concentración contra os despedimentos no Carrefour vigués da Gran Vía

Concentración contra os despedimentos no Carrefour vigués da Gran Vía
 
Mañá venres, día 2 de agosto, ás 20 horas, haberá unha concentración diante do Carrefour situado na Gran Vía de Vigo contra os despedimentos nesta superficie comercial.
 
CCOO denuncia o despedimento dun traballador por, segundo o criterio da empresa, aplicar un desconto para unha persoa que non tería dereito a el. A versión do agora ex-empregado é moi diferente, pois asegura que a compra a fixo el e que, como traballador de Carrefour, tiña dereito a utilizar ese desconto, aínda que o produto non fose para o seu uso particular, senón como un regalo para o amigo que o acompañaba.

 
Na súa opinión, tras unha traxectoria profesional impecable, a empresa tiña outros mecanismos ao seu alcance se xulgaba incorrecto o seu procedemento, no canto de optar pola sanción máis grave, que é o despedimento.

O sindicato tamén denuncia que a filla da persoa que recibiu o agasallo, traballadora da empresa de seguridade do centro, acabou sendo tamén despedida. Pola súa parte, a caixeira que os atendera, foi sancionada de emprego e soldo varios días —a empresa recolle sancións deste tipo que oscilan entre os dezaseis días e os dous meses.

CCOO considera desproporcionados e inxustos os despedimentos e esixe a readmisión das dúas persoas afectadas.

29 julio 2013

FIRMADO EL VIII CONVENIO COLECTIVO DE REPARTO A DOMICILIO.

En el día de hoy, la mesa negociadora del Convenio Colectivo Estatal de productos cocinados para su venta a domicilio, finalmente se ha firmado el convenio.
 
            Tras diversas propuestas, redactados y negociaciones mantenidas a lo largo de los últimos 19 meses, finalmente se ha alcanzado un acuerdo definitivo en el redactado del convenio, cuya vigencia es para los años 2012, 2013 y 2014.
 
            Debido a la situación de crisis económica que actualmente viene sufriendo el sector, por la continua disminución de las ventas, se ha  conseguido salvar el convenio, que históricamente se venia firmando y mejorando.
 
Por la inexistencia de un incremento salarial, los trabajadores disfrutarán como compensación de dos días adicionales de vacaciones a los 31 que actualmente tienen, un día en el ejercicio 2013 y otro en el ejercicio 2014. También se ha actualizado el texto del convenio como consecuencia de las modificaciones normativas y reformas laborales de estos últimos años.
 
 adjunto texto del convenio 
 

Despedido por Mercar en Carrefour - 2 de Agosto Concentración en Vigo


Chámome Pablo Martínez González e até este mes “era”  traballador de Carrefour Vigo II, onde estaba a traballar dende a súa apertura, e digo “era” polo seguinte:

O 5 de xullo fun despedido “disciplináriamente” por unha falta considerada moi grave ao “supostamente” ofrecer o desconto de empregado a unha persoa non beneficiaria do mesmo. Todo iso sen ser nunca sancionado nin amoestado en todos estes anos de traballo en Carrefour Vigo II.
 En marzo,  Anxo Martínez, responsable de Patrimonio impartiu un curso onde se informou que que “Se nalgún momento queriamos facer desconto de empregado a un familiar ou amigo (que non é o caso) non o pagasen con cartón de crédito que o fixesen en efectivo”. Opción esta última válida para non ter ningún problema.
O 12 de xuño de 2013, acudín na caixa de electro para comprar unha lavadora que desexaba regalar ao pai dunha amiga por realizar uns traballos no meu domicilio.
Para ese efecto elixina e mostrei o meu DNI á caixeira. Mentres esta preparaba a documentación de envío retireime do Carrefour a cambiarme xa que entraba a traballar en poucos minutos na quenda de tarde. Entregueille o diñeiro ao pai da miña amiga e este finalizou a operación.

CONSECUENCIA: Despedido por comprar en Carrefour. Os meus delitos?, Ser xeneroso por facer un agasallo a un amigo, facer uso dun beneficio de empregado (dto. De empregado) e o máis importante Comprar en Carrefour, tendo tanta oferta comercial en Vigo.
Non recibindo amoestación anterior non podo entender como poden proceder a outorgarme a maior sanción posible o "despedimento". Cando había outras opcións tales como a suspensión de emprego e soldo de dezaseis a setenta días. Medida que si aplicaron á caixeira que me atendeu.
Andrea  Alonso Pousada  filla do que recibiu o agasallo, traballadora da empresa de seguridade tamén foi despedida por orde do director de Carrefour.
Podería estar preparado para un despedimento por causas económicas dada a situación de crise pola que está a pasar o país. Pero non podo pasar por un despedimento disciplinario despois de estar desde a apertura do centro extralimitándome nas miñas funcións sen pedir nunca nada a cambio e sentíndome totalmente decepcionado por unha empresa que a día de hoxe non me deu opción a réplica. 
Eu e a miña contorna, seguiremos manifestándonos pola miña readmisión e a de Andrea, e a anulación de todas as sancións, TODO NON VALE, hoxe fomos nós, mañá PODE SER CALQUERA DE VÓS, queremos unha contorna laboral libre deste tipo de “represalias” máis propias doutra época.

25 julio 2013

Fecoht Galicia CCOO mostra a súa consternación polo gravísimo accidente ferroviario e a súa solidariedade coas vítimas

CCOO mostra a súa consternación polo gravísimo accidente ferroviario e a súa solidariedade coas vítimas
Ante as informacións sobre a magnitude do gravísimo accidente ferroviario nas inmediacións de Santiago de Compostela, desde o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia quérese mostrar toda a solidariedade posible nestes durísimos momentos coas vítimas e coas súas familias.

           
Á espera de máis información, CCOO súmase ao chamamento solidario solicitando doazóns de sangue, e desde o sindicato apélase á responsabilidade institucional para que as vítimas reciban toda a atención necesaria nestes primeiros momentos despois do gravísimo accidente. Así mesmo, esixe que se poñan en marcha os protocolos previstos de investigación das causas de accidente

24 julio 2013

2 de Agosto Concentración Carrefour Vigo2 - Readmisión Despedidos



 
CONCENTRACIÓN VIERNES 2 DE AGOSTO

A LAS 20:00 CARREFOUR GRAN VIA VIGO
READMISIÓN DESPEDIDOS
Acude y difunde…     Te pudo pasar a ti
 


 
 
 

Declaración de CCOO Galicia y UGT Galicia 25 de Julio 2013

Declaración do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia con motivo da celebración do Día da Patria Galega de 2013
 
A crise económica condiciona, un ano máis, o Día da Patria Galega de 2013. O Goberno de España, en mans do PP, porfía en demostrarnos que é incapaz de darlles resposta axeitada ás dificultades económicas polas que atravesamos. Para interpretar este lamentable papel, contan coa inestimable colaboración, como actores secundarios, dos dirixentes da Xunta de Galicia.
 
O Goberno da Xunta de Galicia, fiel escudeiro do Goberno de España e das políticas emanadas da Comisión Europea e do FMI, permanece impasible diante do desmantelamento de sectores estratéxicos da economía galega, practica o desleixo nas súas funcións mentres corre perigo o desenvolvemento de Galicia.

A industria, que debera ser o motor da recuperación económica, ten o nivel de emprego baixo mínimos. Neste ámbito, un sector fundamental como é o naval, está inmerso nunha crise severa que o sitúa á beira da desaparición, sexa por decisións das instancias europeas, sexa pola falta de carga de traballo. Canto a isto último, houbo moitas promesas de carga de traballo que só beneficiaron ao partido gobernante, que fixo uso electoral duns contratos coa petroleira Pemex dos que nunca máis soubemos.

O agro galego continúa ameazado coa pesada lousa dos baixos prezos que reciben polos seus produtos, por debaixo dos custes de produción. Se a isto sumamos a falta de relevo xeracional —por ausencia de políticas axeitadas por parte da Xunta—, o rural galego poderíase ver abocado á desaparición, unha circunstancia con efectos prexudiciais dunha dimensión difícil de calcular nos planos social, económico e medioambiental.

Os servizos públicos, máis necesarios se cabe en época de crise, padecen ano tras ano o maior recorte da historia, con menores recursos humanos e económicos. Ademais do impacto negativo sobre o emprego, o seu desmantelamento tamén se traduce nun empeoramento do benestar da cidadanía galega, especialmente, no caso dos colectivos con maiores dificultades. O PP deixou claro, unha e outra vez, que alí onde goberne vai utilizar a súa maioría absoluta a modo de carta branca para facer as políticas que lle dita a súa ideoloxía neoliberal e ultraconservadora, a mesma ideoloxía que leva á Xunta a recortar no ensino e na sanidade pública mentres financia o privado.

UGT e CCOO alertamos do avance imparable da pobreza en Galicia. Cunha afiliación á Seguridade Social inferior ao millón de persoas, unha taxa de paro desbocada, as pensións conxeladas e os salarios do sector público recortados e conxelados tamén, empeoraron as condicións de vida da maioría das familias deste país. Pero, por desgraza, a situación pode ir a peor: o pasado 8 de xullo finalizou o prazo legal máximo de vixencia dos convenios caducados que se estaban a negociar. Nos casos nos que non houbo acordo, a reforma laboral que aprobou o PP permítelles ás empresas acollérense ao seu convenio de sector e mesmo ao Estatuto dos Traballadores, coa consecuente diminución salarial. Esta ameaza sobrevoa a máis de 40.000 persoas na nosa terra.

Todo isto acontece porque o Goberno de Galicia, como o do Estado, é un Goberno que é débil cos fortes, pero forte cos débiles. Un Executivo que non se atreve a acometer dunha vez por todas unha reforma fiscal que acabe coa fraude. No noso país hai unha minoría que nos está a roubar á maioría mediante prácticas fraudulentas que burlan a lei, obscenas fortunas que non tributan o que deberían, impedindo deste xeito que haxa maiores recursos públicos para realizar políticas sociais e investimentos produtivos. Esta debilidade contrasta, por exemplo, coa dureza coa que a facenda estatal lles está a esixir a centos de emigrantes, persoas que axudaron a erguer este país, que tributen por unhas pensións que moitas veces son exiguas.

O sindicalismo confederal e de clase do que formamos parte CCOO e UGT esixímoslle aos gobernos de Galicia e do Estado que aparquen a súa ideoloxía e cumpran coa responsabilidade que lles outorgou a cidadanía: promover políticas para saírmos da crise. Isto só será posible con medidas xustas e equitativas, que garantan unha repartición máis equilibrada dos custos da crise, que non deixen as solucións nas mans de quen a provocou.

Ademais da reforma fiscal, necesaria para garantir recursos públicos mediante unha recadación máis proporcionada e mellor repartida, co fin de paliar as cargas que supoñen as políticas de redución do déficit entre os sectores máis débiles da poboación, cómpre unha reforma do sistema financeiro. Esta debe velar pola solvencia das entidades, pór límites ás operacións especulativas e garantir que o crédito chegue ás familias, autónomos e pequenas empresas, de xeito que sirva para activar o consumo e o investimento. Urxe acometer un verdadeiro cambio de modelo produtivo para que o país recupere a senda do crecemento sobre bases distintas das que nos levaron a esta situación.

Por este motivo, nunha data como o Día da Patria Galega, as nosas reivindicacións están presididas pola denuncia firme do ataque e desmantelamento dos servizos públicos, da desregulación das condicións de traballo, do retroceso no desenvolvemento de Galicia, en definitiva, a denuncia do empobrecemento progresivo da maioría social deste país. UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia apostamos decididamente polos elementos constitutivos do noso estado do benestar, unha aposta por manter e ampliar os servizos públicos de calidade como factor de cohesión social e fonte de emprego e unha aposta pola negociación colectiva como a mellor vía de saída da crise mediante a creación de emprego digno e con dereitos.

Huelga Hotel Puerta del Camino Santiago de Compostela

Os traballadores e traballadoras do Hotel Puerta del camino comenzaron no día de hoxe inha folga que se mantendrá ata o día 25 ás 24:00h.


O persoal rexeita a aplicación unilateral dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) por parte da empresa, especialmente por chegar en plena campaña de verán. Isto está a provocar que o persoal actual deba realizar horas extraordinarias.

Este incremento da carga de traballo está a repercutir negativamente sobre os traballadores e traballadoras —incúmprese a normativa básica en materia de prevención de riscos laborais— e empeora a calidade do servizo.

Por outra parte, denuncian os constantes atrasos no pagamento dos salarios —por exemplo, a última nómina leva case un mes de atraso—, así como as constantes excusas e dilacións por parte da dirección para non proceder ao pagamento das dúas pagas extras do ano 2012.




19 julio 2013

Acuerdo Ultravigencia Comercio Vario A Coruña

"Hoxe as centrais sindicais integrantes da mesa negociadora do Convenio de Comercio Vario da Provincia da Coruña, entre as que se atopa CCOO como sindicato maioritario, conxuntamente cunha representación das patronais do sector, asinamos un acordo de ULTRAVIXENCIA do Convenio Colectivo  ata o 30 de xuño de 2014.

Este periodo de ultravixencia permítenos retomar a negociación do Convenio, garantindo o mantemento da situación actual no que respecta ás condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector, ademais de evitar unha conflictividad, inseguridade xurídica e posible situación caótica a finais deste mes de xuño, momento no que cada empresa podería decidir realizar a súa propia interpretación da reforma laboral."
 
 

Juan Zas Candame
fecoht - CCOO
 
 

Preacuerdo Convenio Comercio Metal Pontevedra 2013

17 julio 2013

Última Hora suspendidas "temporalmente" las movilizaciones Comercio Vario A Coruña


Os sindicatos suspenden temporalmente as mobilizacións do comercio vario despois de que a patronal aceptase negociar

Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG suspenden temporalmente as mobilizacións do sector do comercio vario, tras recibir confirmación por parte da patronal de que haberá unha xuntanza para negociar a prórroga do actual convenio.

A reunión será o venres, día 19.

Deste xeito, paralízase o calendario de mobilizacións en Narón (18 de xullo), Santiago de Compostela (24 de xullo) e A Coruña (2 de agosto).

16 julio 2013

MOBILIZACIÓNS NO COMERCIO VARIO A CORUÑA

CCOO chama á mobilización no sector do comercio vario coruñés e esíxelle á patronal que retome as negociacións

Os sindicatos esíxenlle á patronal que retome as negociacións do convenio colectivo, que deixou de ter efecto pola fin do período de ultraactividade
Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG convocan novas mobilizacións no sector do comercio vario da provincia da Coruña para forzar a patronal a retomar as negociacións do convenio colectivo, que deixou de ter efecto pola fin do período de ultraactividade.

Protesta en Santiago de Compostela na pasada folga do sector

Como consecuencia disto, a norma de referencia agora é o Estatuto dos Traballadores, o que implicará unha notable mingua en dereitos e poder adquisitivo, denuncian os sindicatos.

Daquela, o comercio vario, que xa foi á folga o pasado 1 de xullo, ten un novo calendario de mobilizacións. Comezarán o día 18 de xullo, ás 12:30, cunha protesta no centro comercial Odeón, en Narón. A seguinte acción terá lugar o día 24, ás 12:30, no centro comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela. Xa a terceira está convocada para o 2 de agosto, tamén ás 12:30, no centro comercial Marineda City, na Coruña.

Retroceso de corenta anos

O comercio vario agrupa o de téxtil, calzado, ópticas, multiprezos, material eléctrico e construción. Desde CCOO denuncian que a patronal deixou caducar o convenio de xeito «deliberado» para facer que as condicións laborais «retrocedan case corenta anos».

Para Comisións, a actitude das empresas «non ten xustificación», xa que moitas delas están «nunha boa situación económica». Por ese motivo, o sindicato repróchalles que «intenten aproveitar a conxuntura da crise para aumentar beneficios á custa de recortar dereitos laborais».

11 julio 2013

Convenio Colectivo Mayoristas de Frutas Varias Hortalizas y Platanos de A Coruña

En el día de ayer, CCOO ha firmado la revisión salarial del año 2012 del Convenio Colectivo de Mayoristas de Frutas Varias, Hortalizas y Plátanos de A Coruña.
El incremento final para el año 2012 ha sido del 3,4%
También hemos firmado la subida inicial para el año 2013, consistente en un 0,5%, con revisión a final de año, hasta alcanzar una subida de IPC real + 0,5%.