Fecoht Informa
06 marzo 2012
HORARIOS MANIFESTACIONES #11M EN GALICIA
| A CORUÑA | DE: Praza da Palloza | HORA: 12,00 |
| A: Obelisco | ||
| FERROL | DE: Praza do Inferniño | HORA: 12,00 |
| A: Praza de Armas | ||
| SANTIAGO | DE: Alameda | HORA: 12,00 |
| A: Praza das Praterías | ||
| LUGO | DE: Sede Sindical (Rda. da Muralla) | HORA: 12,30 |
| A: Subdelegación do Goberno (Praza Armañá) | ||
| COSTA LUCENSE | CONCENTRACIÓN: Praza da Mariña (BURELA) | HORA: 12,30 |
| OURENSE | DE: Pavillón de Os Remedios | HORA: 12,00 |
| A: Subdelegación do Goberno | ||
| AROUSA | DE: Avenida da Mariña | HORA: 12,00 |
| A: Praza de Ravella | ||
| PONTEVEDRA | DE: Praza da Ferrería | HORA: 12,00 |
| A: Subdelegación do Goberno | ||
| VIGO | DE: Cruce de Vía Norte | HORA: 11,30 |
| A: Edif. Admtvos. Xunta de Galicia |
10 MARZO DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA
Vivimos unha das peores crises que se lembran,
consecuencia da especulación financeira, por ben que os que a provocaron teimen
en nos facer ver e crer que se xerou ao vivirmos por riba «das nosas
posibilidades». Desde logo que houbo xente que viviu a todo tren, e así seguen
vivindo, pero non é o caso dos que estamos a padecer a crise, que somos os
traballadores e as traballadoras.
E na solución á crise quérennos obrigar a
padecer máis paro, a perder máis dereitos no despedimento e na nosa
intervención desde a negociación colectiva, en forma de recortes sociais e de
reforma laboral que debuxan un panorama social e laboral propio de etapas
superadas, afortunadamente, como a da ditadura franquista e a súa represión, e
non dunha sociedade avanzada, social e de dereito.
Os máis de cinco millóns de persoas
desempregadas no Estado, vítimas da mala xestión empresarial e das erráticas
políticas económicas dos gobernos que han ir pasando, e os millóns de persoas
que manteñen o seu emprego pero viven acosadas por continuos recortes nos seus
dereitos, teñen a súa proxección en Galicia en máis de 275.000 persoas
desempregadas tras dunha masiva destrución de emprego en todos os sectores. Ante
esta situación, o Goberno da Xunta de Galicia aplica as peores receitas
neoliberais de recortes nos servizos públicos, e non nos referimos só aos
aspectos laborais dos traballadores e traballadoras do sector público, senón
aos servizos que se prestan e que son dereitos da cidadanía. Ademais, inhíbese
da defensa dos sectores económicos clave en Galicia —como o naval, a industria,
a pesca…— e de esixir o desenvolvemento das infraestruturas pendentes.
Esta situación pode ir a peor —como xa nos
adiantan o Goberno da Xunta e mais o Goberno do Estado—, con máis destrución de
emprego durante 2012 e máis recortes orzamentarios que, sen dúbida, impedirán
reactivar a economía, o consumo e, por tanto, a creación de emprego. Hai que
lles esixir a ambos os gobernos que apliquen medidas fiscais progresivas para incrementar
os ingresos públicos a partir das maiores rendas, e que non poñan en risco cos
recortes indiscriminados os avances sociais que tanto esforzo e loita custaron.
E para quen só entenda os dereitos laborais
como custos e cargas prescindibles —tanto para os seus teóricos desde lobbies económicos, corporativos e mediáticos,
como para os que gobernan «teledirixidos» por eles—, e para quen se beneficia
de toda esta situación, que son a peor caste empresarial posible; en definitiva,
para todos os argallantes desa reforma laboral que xa estamos a combater coa
mobilización e a alternativa, que saiban que se os traballadores e
traballadoras, que se as Comisións Obreiras, nos enfrontamos á ditadura
franquista en defensa das liberdades, da democracia, de avances nos nosos
dereitos laborais, como hai agora corenta anos en Ferrol, á custa da vida a
Daniel e a Amador, agora, outra vez, os traballadores e traballadoras, as
Comisións Obreiras, defenderemos os nosos dereitos e a nosa dignidade coas
maiores mobilizacións, como hai corenta anos, como fixeron Amador e Daniel,
como fan os traballadores e traballadoras, como fan as Comisións Obreiras.
VIVA A CLASE OBREIRA GALEGA!!
VIVA O DEZ DE MARZO!!
VIVAN AS COMISIÓNS OBREIRAS!!
DANIEL E AMADOR, NA MEMORIA!!
VIVA O DEZ DE MARZO!!
VIVAN AS COMISIÓNS OBREIRAS!!
DANIEL E AMADOR, NA MEMORIA!!
GACETA SINDICAL, ESPECIAL 11M
Gaceta Sindical edición especial
“Nuevas manifestaciones contra la reforma laboral”
La movilización contra la reforma laboral, aprobada por el Gobierno de Rajoy, y contra los recortes sociales tiene sus próximas citas los días 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer, y 11 de marzo con manifestaciones y actos de protesta en todas las capitales de provincia, según informa Gaceta Sindical en su último número.
Como ha advertido el secretario general de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, "si el Gobierno no abre un proceso de negociación para tratar de reconducir la reforma, los sindicatos no renunciaremos a ningún instrumento democrático, incluida la huelga general, para restituir los derechos de los trabajadores y trabajadoras, y de la ciudadanía en general". CCOO y UGT han convocado para el 9 de marzo a sus respectivas direcciones confederales para decidir si se convoca huelga general.
PINCHA AQUI PARA ACCEDER A LA GACETA
SOMOS ESPECIAL 8 DE MARZO
Somos digital nº 30 "especial 8 de marzo"
La federación estatal de comercio, hostelería y turismo de CCOO ante la celebración del 8 de Marzo, Día Internacional de la Mujer, publica este especial para afirmar nuestro compromiso con las políticas de igualdad entre mujeres y hombres, como garantía democrática que fortalezca el desarrollo de un modelo social más justo e igualitario en derechos, en el empleo, en la participación económica y en la sociedad.
Un nuevo 8 de Marzo marcado por el protagonismo de la crisis económica y financiera y su fuerte impacto en el desempleo, por la protesta y contestación social a las medidas laborales que recortan derechos y protección social a trabajadoras y trabajadores, precarizan las condiciones de trabajo, favorecen el desmantelamiento del Estado de bienestar y evidencian el fracaso de un modelo de crecimiento que ha producido desigualdad social y de género. En este especial son las secretarias generales de nuestras federaciones y las secretarias estatales de la mujer e igualdad las que dan una visión de este día.Para ver la publicación pincha aquí
05 marzo 2012
04 marzo 2012
ASAMBLEA DE DELEGADOS/AS FECOHT GALICIA JUEVES 8 DE MARZO
La asamblea se celebrará en las instalaciones de Donuts, Poligono del Tambre, Santiago de Compostela y en ella intervendrán, JAVIER GONZÁLEZ MARTINO, Sec. Estatal de la Federación de Comercio Hosteleria y Turismo y XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ AGUIÓN, Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO Galicia.
JAVIER GONZÁLEZ XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ AGUIÓN
NOTA: Para los y las que no puedan asistir, iremos colgando fotos en Directo en el perfil de facebook de FECOHT GALICIA, y resumiendo lo más destacable en TWITTER desde la tendencia #FECOHTGALICIA,
COMO LLEGAR DESDE SAN LÁZARO AL POLIGONO DEL TAMBRE:
Ver mapa más grande
PINCHA EN EL MAPA PARA VER A PANTALLA COMPLETA
03 marzo 2012
Blog de FECOHT GALICIA cumple DOS AÑOS... GRACIAS
En este més de Marzo, este BLOG de la Federación de Comercio, Hosteleria y Turismo de Comisiones Obreras en Galicia cumple DOS AÑOS.
Durante este periodo hemos colgado más de 1100 noticias que de una forma directa o indirecta afectan al conjunto de trabajadoras y trabajadores de estos sectores en Galicia.
Con vuestras 81.000 visitas en este periodo de tiempo, con una media de 500 visitas diarias y meses con más de 10.000 visitantes(Diciembre 2011), nos habéis dado fuerza para seguir en esa linea de trabajo.
Desde Septiembre del año pasado, tambien nos podéis encontrar en FACEBOOK (FECOHT GALICIA) Y TWITTER (@FECOHTGALICIA).
Desde aquí os pedimos que nos ayudéis a seguir creciendo, ¿Como?:
- RETUITEANDO NUESTRAS NOTICIAS Y SIGUIÉDONOS EN TWITTER.
- PINCHANDO "ME GUSTA" EN FACEBOOK, COMPARTIENDO LAS NOTICIAS Y SOBRE TODO, AGREGÁNDONOS DE AMIGOS.
- VISITANDO A MENUDO NUESTRO BLOG.
- Y COMENTANDO LAS NOTICIAS EN EL BLOG, DE UNA FORMA CONSTRUCTIVA
02 marzo 2012
PUBLICADO SOMOS DIGITAL, NÚMERO 29
Publicado el número 29 de "Somos digital"
La Secretaría de comunicación de Fecoht - CCOO ha publicado el número 29 de "Somos digital", que incluye en su portada las movilizaciones de 19 de febrero y las razones de CCOO para decir NO a la reforma laboral.
Para ver la publicación pincha aquí
MATERIALES 8 DE MARZO - DIA DE LA MUJER TRABAJADORA-
Datos paro en Galicia Febrero 2012
Febreiro déixanos cun novo máximo de 274.675 parados, mentres que descende un 12,04% a contratación e un 0,21% a afiliación
2-3-2012.- Durante o mes de febreiro, o paro medrou en Galicia en 3.391 persoas (o 1,25%), a menor suba de todas as comunidades en termos porcentuais (descende o desemprego en Estremadura e nas Illas Baleares). Isto sitúa a actual cifra de parados e paradas como a maior de toda a historia, 274.675 persoas. A suba é 1,19 puntos inferior á do conxunto do Estado, que medrou un 2,44%.
O 51,34% das persoas desempregadas son mulleres (141.030 por 133.645 homes), e os mozos e mozas menores de 25 anos en paro suman 23.177 (o 8,44% do total, 0,09 puntos máis ca no mes de xaneiro). En comparación co mes anterior, o paro medrou un 1,11% nas mulleres e algo máis, un 1,39% nos homes. Entre os menores de 25 anos, o desemprego medrou o 2,30% —nas mozas, o 2,71%, nos mozos, o 1,98%—. Nos maiores de 24 anos, o incremento foi do 1,15% —nos homes, un 1,33%, nas mulleres, o 0,99%.
Análise por sectores e interanual
O paro en Galicia aumentou en todos os sectores agás na agricultura. A maior suba en termos absolutos deuse no sector dos servizos, con 2.120 persoas paradas máis, un 1,84% medra no colectivo sen emprego anterior. En España, o desemprego medrou en todos os sectores. Comparando con febreiro de 2011, o resultado é un incremento do desemprego en case todas as ramas de actividade; só descende un 3,02% (894 persoas) no colectivo sen emprego anterior, e sobe especialmente nos servizos en termos absolutos (14.622 persoas), mentres que en relativos faino na construción (18,29%).
Respecto a xaneiro de 2011, o paro aumentou en Galicia en 26.396 persoas, un 10,63% (o noveno maior incremento de España). Esta porcentaxe supera a media estatal en 1,03 puntos. Por sexos, hai 16.998 homes máis en paro e 9.398 mulleres máis, aumentos do 14,57% e o 7,14% respectivamente. Entre as mozas e mozos menores de 25 anos subiu o desemprego un 1,68% con respecto ao ano pasado. E nos maiores de 24 anos o aumento foi dun 11,54%, influído sobre todo polo crecemento do 16,19% que se deu na poboación masculina —nas mulleres, a medra foi do 7,56%.
Análise da contratación
En febreiro asináronse en Galicia 41.754 contratos (5.715 menos ca no mes pasado), o que supón unha caída do 12,04% con respecto a xaneiro. Do total de contratos asinados, o 8,19% (3.421) foron indefinidos, 0,39 puntos máis que no mes anterior. No conxunto de España, este tipo de contratación supuxo o 7,77% da contratación total, 0,43 puntos menos que en Galicia. Formalizáronse, ademais, 38.333 contratos temporais. En relación a xaneiro, a contratación indefinida cae nun 7,59% e a temporal un 12,42%.
En termos interanuais formalizáronse 3.753 contratos menos que en febreiro de 2011, un descenso do 8,26%. A contratación indefinida sofre unha caída do 25,06% (1.144 contratos menos) e a temporal do 6,38% (2.613 menos). Estes datos son similares aos do Estado, onde caeu a contratación indefinida un 21,06% e a temporal o 3,52%.
Afiliación á seguridade social
En Galicia descendeu a afiliación á seguridade social un 0,21%, 2.024 persoas menos. No ámbito estatal, a afiliación caeu un 0,29% (49.710 menos).
Da análise por réximes é salientable o incremento do número de persoas que cotizan no réxime xeral, un 0,12% (851 máis) —aumento debido á inclusión de 5.749 persoas procedentes do réxime de fogar; se non, o descenso sería do 0,71%—; prodúcese unha medra dun 0,03% nos autónomos, un 0,85% no especial do mar, mantense invariable no da minaría e o carbón, mentres que no de empregadas do fogar o descenso é do 11,43%, pero aquí cómpre ter en conta que parte destas baixas pasaron a ingresar no réxime xeral.
En termos interanuais, temos en Galicia un descenso no número de cotizantes do 3,67% (en España a caída é do 2,59%). No réxime xeral o descenso foi do 4,11%, nos autónomos do 1,45%, no do mar do 1,32%, na minaría e o carbón do 71,43% e no especial do fogar do 16,15% —coa mesma advertencia que faciamos para a variación mensual—; o réxime especial agrario sofre un crecemento do 1,21%.
Valoración de CCOO
Os datos do paro rexistrado, da contratación e da afiliación á seguridade social publicados hoxe reflicten, para CCOO, que as políticas de axuste que se están a aplicar provocan redución do servizo público, contraen a actividade económica, destrúen emprego —especialmente despois da reforma laboral aprobada— e empobrecen a cidadanía.
Comisións insiste en que a política de recorte do gasto público non pode ser a única saída da crise, pois «abócanos a unha espiral sen saída, con máis axustes, menos consumo, menos renda, menos actividade económica, menor recadación de ingresos e… máis axustes».
Por isto, o sindicato reclama outra política económica así como unha reforma do sistema financeiro para garantir o crédito, unha reforma fiscal para obter maiores ingresos cos que financiar medidas de reactivación da actividade, favorecer a creación de emprego, mellorar a protección social e recuperar o investimento público.

01 marzo 2012
COMUNICADO CONVENIO MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN PONTEVEDRA 2012- (1)
PULSA FLECHAS ABAJO A LA DERECHA PARA VER A PANTALLA COMPLETA
PARA MÁS INFORMACIÓN PREGUNTA A TUS DELEGADOS/AS DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA .
La derecha no repara en medios para difamar a los Sindicatos
CCOO informa CCOO informa CCOO informa CCOO informa CCOO informa
|
CCOO
denuncia que la derecha no repara en
medios para difamar a los sindicatos
|
|
·
El sindicato juzga intolerable las opiniones de algunos medios
de comunicación y de dirigentes del PP de acusar a los sindicatos de
“insensibilidad con las víctimas”, por convocar manifestaciones contra la
reforma laboral el 11 de marzo
|
|
|
“Todo
vale si se trata de difamar a los
sindicatos”. Con estas palabras resume CCOO las opiniones de algunos medios de
comunicación y de dirigentes del PP, al acusar a los sindicatos de “insensibilidad con las víctimas de los
atentados del 11
de marzo de 2004 ”, por convocar manifestaciones en todo el país
contra la reforma laboral ese mismo día. “Deben saber, los propagandistas del régimen, que varias de las personas fallecidas o
heridas en los citados atentados pertenecían a nuestro sindicato, o eran
familiares de afiliados a CCOO. Su intolerable acusación ha de interpretarse
como un episodio más de la campaña de
difamación y calumnias que llevan a cabo contra el movimiento sindical, y
un esfuerzo baldío de confundir a la ciudadanía para que se instale en la
resignación ante el duro
golpe a los derechos de los trabajadores que supone la reforma laboral, o el
sistemático ataque a los servicios públicos”, denuncia CCOO.
CCOO
cree que es perfectamente compatible y un ejercicio de normalidad democrática,
rendir homenaje a las víctimas del 11M, rendirlo con la legitimidad y
generosidad que CCOO siempre ha demostrado en la lucha contra el terrorismo, y
acudir masivamente a las manifestaciones el domingo 11 de marzo contra la
reforma laboral y en defensa de los servicios públicos. “Así lo han entendido
las principales asociaciones de víctimas del 11M con las que hemos hablado. Hay
que tener una mentalidad muy retorcida
para vincular las manifestaciones del
11M con un intento de manipulación del aniversario de tan brutales atentados,
afirma CCOO.
Por
último, CCOO hace un llamamiento a los máximos responsables del Partido
Popular, del Gobierno, y de algunos medios de comunicación para que
reflexionen sobre el alcance de la desproporcionada campaña que han puesto en
marcha contra el movimiento sindical, que puede acabar rompiendo las reglas de juego de la convivencia
democrática.
20.000 gallegos ayer en la jornada Europea del #29F
Máis de 20.000 persoas mobilizáronse nas principais vilas e cidades galegas polo emprego e a xustiza social
Estas mobilizacións enmarcáronse na Xornada de Acción Europea, convocada pola CES baixo o lema "Basta xa!, existen alternativas, polo emprego e a xustiza social", que se reproduciu en moitas outras cidades españolas e do resto de Europa
29-2-2012.- Máis de 20.000 persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronse esta tarde na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo en defensa do emprego e a xustiza social. As concentracións e manifestacións formaron parte da Xornada de Acción Europea, convoca pola Confederación Europea de Sindicatos (CES) para que os traballadores e traballadoras da UE puidesen expresar o seu rexeitamento ás políticas que as autoridades comunitarias están impoñendo, e apoiar tamén as alternativas do movemento sindical para saír da crise.
Precisamente, froito destas políticas, o Goberno de España impuxo unha reforma laboral inxusta cos traballadores e as traballadoras, ineficaz para a economía e inútil para o emprego. Unha agresión en toda regra aos dereitos da clase traballadora e cargada de ideoloxía ultraliberal que contenta aos mercados e á chamada troika europea. Esta é unha reforma laboral na que todos os seus camiños conducen ao despedimento, é, en definitiva, a normativa laboral máis dura e perniciosa das que se teñen feito neste país no período democrático. Esta reforma facilita e abarata o despedimento; suprime a autorización administrativa para os ERE e ábrese a porta para despedir o persoal con contrato laboral fixo das administracións públicas. Permítese o despedimento procedente de traballadores e traballadoras que teñan unha baixa xustificada por enfermidade. O novo contrato para empresas de menos de 50 traballadores, especialmente bonificado, terá despedimento libre e gratuíto durante o primeiro ano. Este contrato, xunto co novo, e tamén precario, de formación para mozas e mozos desmenten todo o dito sobre a necesidade de reducir os tipos de contratación. Tamén se degrada o contrato a tempo parcial permitindo que o empresario modifique unilateralmente a súa xornada. No referente á negociación colectiva, vulnera en cuestións claves o acordo recentemente subscrito entre CCOO, UGT e CEOE-CEPYME, concedéndolle ao empresario a capacidade para modificar unilateralmente todo o pactado no convenio, incluídos os salarios, equiparando as causas de descolgue ás do despedimento obxectivo. UGT e CCOO denuncian que toda a nova norma está orientada a individualizar as relacións laborais, potenciar o convenio de empresa e reforzar ao máximo a capacidade de decisión unilateral dos empresarios para fixar as condicións de traballo, debilitando a capacidade de acción dos sindicatos para defender aos traballadores e ás traballadoras.
MÁIS MANIFESTACIÓNS O VINDEIRO 11 DE MARZO
Xa para denunciar isto, máis de 140.000 persoas ateigaron as rúas galegas o pasado día 19 e hoxe, de novo, deixáronse oír proclamas e mensaxes contra esta reforma laboral, en defensa do emprego e dos servizos públicos. Pero a loita non vai acabar aquí, o vindeiro día 11 de marzo ambos sindicatos convocan unha nova xornada de manifestacións en todo o país contra a reforma laboral e en defensa dos servizos públicos, que forman parte dun proceso sostido e crecente de mobilizacións.
CCOO e UGT denuncia que dende maio de 2010 as institucións da UE están impoñendo políticas de austeridade, axustes orzamentarios e recortes sociais e as chamadas reformas estruturais, especialmente nos mercados de traballo, como exemplo claro disto o que ven de suceder neste país. Estas políticas, que tiñan como obxectivos declarados gañar a confianza dos mercados para que os estados puideran financiarse con tipos de xuro baixos e reducir os niveis de déficit e débeda públicos nun corto espazo de tempo, resultaron un claro fracaso. A crise das débedas soberanas estendeuse e fíxose máis aguda. E os danos colaterais destas políticas son dramáticos, pasouse da recuperación da economía a unha nova recesión en toda a UE, o paro incrementouse, o mesmo que a pobreza e a desigualdade. A crise pasa a ser social e política.
Os fundamentalistas neoliberais gobernan Europa, dun modo non democrático, baixo o ditado e ao servizo dos intereses do Goberno e dos poderes económicos de Alemaña. En lugar de recoñeceren o fracaso das súas políticas e rectificar, quérenas consagrar nun novo Tratado para a "gobernanza económica". Pero o novo tratado só fala de como impoñer a máis estrita disciplina orzamentaria e de como lles arrebatar nada menos que a soberanía orzamentaria aos estados. Por esta razón, UGT e CCOO rexeitan radicalmente o proxecto do novo Tratado.
A CES, da que CCOO e UGT forman parte, advirte de que coa aplicación do novo tratado "os interlocutores sociais, europeos e nacionais, tamén quedarán apartados de decisións que lles afectan directamente". "Equivócase no diagnóstico o Consello Europeo ao achacar a caída do crecemento económico só á inestabilidade financeira, sen mencionar a súa causa principal: a depresión da demanda interna europea motivada polas mesmas políticas de austeridade e axustes".
O sindicalismo europeo xa presentou alternativas sólidas a políticas tan inxustas como fracasadas. Fronte á crise das débedas soberanas: emisión de eurobonos, reforma do Banco Central Europeo, imposto ás transaccións financeiras; supresión de paraísos fiscais; regulación do sistema financeiro para que os poderes públicos gobernen os mercados, e non á inversa como sucede hoxe.
Fronte á recesión económica e o desemprego, un plan europeo de investimentos en economía sostible, programa europeo de emprego xuvenil, ampliación dos prazos para a redución dos déficits públicos....
Fronte ás contrarreformas estruturais, un novo contrato social europeo para renovar e reforzar os piares do modelo social europeo e preservar o dereito laboral e á negociación colectiva.
E, fronte ao modelo antidemocrático do novo Tratado, goberno económico de Europa que teña tamén competencias sobre impostos e persecución da fraude fiscal, que priorice o emprego e o crecemento sostible, que se ocupe das políticas industriais, enerxéticas e medioambientais e que responda ante o Parlamento europeo.
En España, a aplicación das políticas de austeridade e recortes sociais están a ter efectos devastadores na actividade económica e no emprego. Coas cifras máis elevadas de paro da UE e aumenta o número de familias con todos os seus membros no paro. Loxicamente, isto fai que se disparen os índices de pobreza.
Os recortes orzamentarios en todas as administracións públicas, ademais de impoñer importantes reducións salariais nos empregados públicos, a conxelación das pensións e o afundimento do investimento público, están producindo a perda de ducias de miles de empregos. Especialmente grave é a deterioración dos servizos públicos fundamentais, en particular, da educación, a sanidade e os servizos sociais; deterioración das condicións laborais de quen traballan neles e da calidade do servizo prestado á cidadanía. De continuaren os recortes, a deterioración dos servizos públicos será irreversible.
Aquí en Galicia, aos empregados e empregadas públicas acábanlles de impoñer unha serie de recortes inxustos e desproporcionados que van conducir non só á deterioración dos seus dereitos como traballadores e traballadoras, senón á propia deterioración da calidade dos servizos, o que repercutirá negativamente na cidadanía, que é a súa destinataria. Medidas que están a ser contestadas nas rúas polos empregados e empregadas públicas que continuarán a súa loita ata que se lles restauren os seus dereitos.
Reforma Laboral y feminización de la Pobreza en Galicia
CCOO denuncia que a reforma laboral incrementará a «feminización da pobreza» en Galicia
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) denunciou esta mañá que a reforma laboral incrementará a «feminización da pobreza» en Galicia. É unha das principais conclusións do estudo 'A realidade laboral das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión', presentado esta mañá en conferencia de prensa.
Segundo Mabel Pérez, responsable da Secretaría da Muller de CCOO de Galicia, as mulleres galegas estan a perder máis poder adquisitivo que os homes, e esa tendencia irá aumentando como consecuencia da reforma laboral.
Así, indicou que, á vista dos datos do estudo, as mulleres galegas padecen de xeito especial a altísima contratación a tempo parcial. Isto, combinado co feito de que a reforma laboral permite non xustificar horas extraordinarias, provocará a conversión de moitos contratos a xornada completa noutros a media xornada con horas a máis non reguladas, coa consecuente mingua salarial.
Diferenzas salariais
Mabel Pérez tamén denunciou as diferenzas salariais entre homes e mulleres, unha cuestión sobre a cal as empresas son «moi reacias a negociar». Segundo os datos do sindicato, por termo medio as mulleres galegas gañan un 23% que os homes. A diferenza é especialmente significativa en sectores de actividade nos que hai complementos salariais que polo xeral cobran máis eles ca elas.
A secretaria da Muller de CCOO lembrou que os indicadores salariais están intimamente ligados coas cotizacións, e estas coas pensións de xubilación. Así as cousas, actualmente as galegas cobran, de media, un 26% menos de pensión ca un home. Ademais, en numerosos tramos de idade —a partir de 65 anos—, o importe das pensións de xubilación das mulleres están por baixo do salario mínimo interprofesional, situación que en ningún caso se dá nos homes.
Mabel Pérez augurou un empeoramento da situación como consecuencia da reforma laboral, que se sumará á paralización da Lei de dependencia, á deterioración dos servizos públicos e ao desmantelamento dos servizos sociais.
Fase expansiva da economía e crise
A economista Silvia Parga, autora do estudo, explicou durante a presentación que este documento analiza a situación das mulleres no mercado laboral galego. A análise comeza estudando a actividade, o emprego e as súas características e o desemprego. Para iso pártese dos datos da enquisa de poboación activa (EPA), e a análise comeza en 2005 para comparar a fase expansiva da economía e do emprego coa etapa da crise económica.
Canto á poboación activa, aquelas persoas de 16 ou máis anos que están ocupadas ou paradas, o dato máis salientable —e tamén o máis positivo— é que nos últimos anos aumentou «considerablemente» a participación das mulleres no mercado laboral ata chegar en 2011 a unhas 611.400 mulleres activas, a cifra máis elevada que se coñece dende que existen estatísticas.
Parga explicou tamén que a taxa de actividade masculina sempre foi superior á feminina, pero nos últimos anos o diferencial entre unha e outra reduciuse de xeito significativo. En 2005, a diferenza situábase nos 18,3 puntos e no ano 2011 era de 12,5 puntos.
Evolución do emprego
Con respecto á evolución do emprego, a economista destacou que a poboación ocupada galega medrou de xeito continuado entre os anos 2005 e 2008. Nese período, creáronse 70.000 empregos e destes 53.200 foron para mulleres. É dicir, un 76 % do emprego neto creado foi feminino.
A partir do ano 2008 comeza a destruírse emprego en Galicia: perdéronse 117.100 empregos e, deles, 27.900 estaban ocupados por mulleres; é dicir, de cada 100 empregos perdidos entre os anos 2008 e 2011, 24 estaban ocupados por mulleres. A destrución do emprego afectou máis aos homes que ás mulleres, porque incidiu máis nos sectores masculinizados (a construción e a industria).
Con todo, a taxa de ocupación masculina segue sendo moi superior á feminina (51,4 % fronte a 40,2 %), pero a diferenza entre ambas foise acurtando nos últimos anos, fundamentalmente pola forte destrución do emprego masculino. Desde o ano 2008 destruíuse emprego feminino en todos os sectores de actividade, sendo o máis prexudicado o industrial, que perdeu 13.900 empregos femininos, o 22 % dos existentes en 2008. A poboación ocupada feminina no sector da construción tamén seguiu unha liña desfavorable, pois diminuíu nun 34 % no período sinalado; en cifras absolutas, perdéronse uns 3.600 empregos femininos.
Sectores e tipo de contrato
O sector dos servizos —que concentra maioritariamente o emprego feminino— foi o que resistiu mellor na fase inicial da crise, pero a partir do ano 2009 tamén comezou a diminuír nel a ocupación feminina. Nos dous últimos anos perdéronse 16.000 empregos femininos, isto é, un ritmo de caída do 4 % con respecto á cifra de 2009.
Silvia Parga explicou que o emprego a tempo parcial en Galicia é sobre todo feminino, xa que o 77 % das persoas ocupadas neste tipo de xornada son mulleres (en 2011 había 101.400 mulleres fronte a 30.600 homes). Desde que comezou a crise, o emprego feminino que se perdeu foi basicamente a xornada completa. De feito, apuntou a economista, nos tres últimos anos, dos 27.900 empregos perdidos, 27.500 eran a xornada completa e uns 300 a xornada parcial.
No que atinxe ao emprego asalariado, nos dous últimos anos perderon o traballo 20.500 asalariadas no sector privado: 13.000 eran indefinidas e 7.500 temporais. En termos porcentuais, o maior descenso correspondeu ao emprego temporal, que diminuíu un 9 % fronte a un 6 % do indefinido.
No sector público tamén caeu o emprego feminino. No último ano, intensificouse a destrución do emprego temporal e perderon o traballo 2.800 mulleres asalariadas que tiñan un contrato temporal. De feito, a taxa de temporalidade das mulleres supera a dos homes tanto no sector privado coma no público. A maior diferenza entre ambas dáse no público: nas mulleres é do 26,8 % e nos homes é do 17,3 %; é dicir, que a diferenza é case de 10 puntos.
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) denunciou esta mañá que a reforma laboral incrementará a «feminización da pobreza» en Galicia. É unha das principais conclusións do estudo 'A realidade laboral das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión', presentado esta mañá en conferencia de prensa.
Segundo Mabel Pérez, responsable da Secretaría da Muller de CCOO de Galicia, as mulleres galegas estan a perder máis poder adquisitivo que os homes, e esa tendencia irá aumentando como consecuencia da reforma laboral.
Así, indicou que, á vista dos datos do estudo, as mulleres galegas padecen de xeito especial a altísima contratación a tempo parcial. Isto, combinado co feito de que a reforma laboral permite non xustificar horas extraordinarias, provocará a conversión de moitos contratos a xornada completa noutros a media xornada con horas a máis non reguladas, coa consecuente mingua salarial.Diferenzas salariais
Mabel Pérez tamén denunciou as diferenzas salariais entre homes e mulleres, unha cuestión sobre a cal as empresas son «moi reacias a negociar». Segundo os datos do sindicato, por termo medio as mulleres galegas gañan un 23% que os homes. A diferenza é especialmente significativa en sectores de actividade nos que hai complementos salariais que polo xeral cobran máis eles ca elas.
A secretaria da Muller de CCOO lembrou que os indicadores salariais están intimamente ligados coas cotizacións, e estas coas pensións de xubilación. Así as cousas, actualmente as galegas cobran, de media, un 26% menos de pensión ca un home. Ademais, en numerosos tramos de idade —a partir de 65 anos—, o importe das pensións de xubilación das mulleres están por baixo do salario mínimo interprofesional, situación que en ningún caso se dá nos homes.
Mabel Pérez augurou un empeoramento da situación como consecuencia da reforma laboral, que se sumará á paralización da Lei de dependencia, á deterioración dos servizos públicos e ao desmantelamento dos servizos sociais.
Fase expansiva da economía e crise
A economista Silvia Parga, autora do estudo, explicou durante a presentación que este documento analiza a situación das mulleres no mercado laboral galego. A análise comeza estudando a actividade, o emprego e as súas características e o desemprego. Para iso pártese dos datos da enquisa de poboación activa (EPA), e a análise comeza en 2005 para comparar a fase expansiva da economía e do emprego coa etapa da crise económica.
Canto á poboación activa, aquelas persoas de 16 ou máis anos que están ocupadas ou paradas, o dato máis salientable —e tamén o máis positivo— é que nos últimos anos aumentou «considerablemente» a participación das mulleres no mercado laboral ata chegar en 2011 a unhas 611.400 mulleres activas, a cifra máis elevada que se coñece dende que existen estatísticas.
Parga explicou tamén que a taxa de actividade masculina sempre foi superior á feminina, pero nos últimos anos o diferencial entre unha e outra reduciuse de xeito significativo. En 2005, a diferenza situábase nos 18,3 puntos e no ano 2011 era de 12,5 puntos.
Evolución do emprego
Con respecto á evolución do emprego, a economista destacou que a poboación ocupada galega medrou de xeito continuado entre os anos 2005 e 2008. Nese período, creáronse 70.000 empregos e destes 53.200 foron para mulleres. É dicir, un 76 % do emprego neto creado foi feminino.
A partir do ano 2008 comeza a destruírse emprego en Galicia: perdéronse 117.100 empregos e, deles, 27.900 estaban ocupados por mulleres; é dicir, de cada 100 empregos perdidos entre os anos 2008 e 2011, 24 estaban ocupados por mulleres. A destrución do emprego afectou máis aos homes que ás mulleres, porque incidiu máis nos sectores masculinizados (a construción e a industria).
Con todo, a taxa de ocupación masculina segue sendo moi superior á feminina (51,4 % fronte a 40,2 %), pero a diferenza entre ambas foise acurtando nos últimos anos, fundamentalmente pola forte destrución do emprego masculino. Desde o ano 2008 destruíuse emprego feminino en todos os sectores de actividade, sendo o máis prexudicado o industrial, que perdeu 13.900 empregos femininos, o 22 % dos existentes en 2008. A poboación ocupada feminina no sector da construción tamén seguiu unha liña desfavorable, pois diminuíu nun 34 % no período sinalado; en cifras absolutas, perdéronse uns 3.600 empregos femininos.
Sectores e tipo de contrato
O sector dos servizos —que concentra maioritariamente o emprego feminino— foi o que resistiu mellor na fase inicial da crise, pero a partir do ano 2009 tamén comezou a diminuír nel a ocupación feminina. Nos dous últimos anos perdéronse 16.000 empregos femininos, isto é, un ritmo de caída do 4 % con respecto á cifra de 2009.
Silvia Parga explicou que o emprego a tempo parcial en Galicia é sobre todo feminino, xa que o 77 % das persoas ocupadas neste tipo de xornada son mulleres (en 2011 había 101.400 mulleres fronte a 30.600 homes). Desde que comezou a crise, o emprego feminino que se perdeu foi basicamente a xornada completa. De feito, apuntou a economista, nos tres últimos anos, dos 27.900 empregos perdidos, 27.500 eran a xornada completa e uns 300 a xornada parcial.
No que atinxe ao emprego asalariado, nos dous últimos anos perderon o traballo 20.500 asalariadas no sector privado: 13.000 eran indefinidas e 7.500 temporais. En termos porcentuais, o maior descenso correspondeu ao emprego temporal, que diminuíu un 9 % fronte a un 6 % do indefinido.
No sector público tamén caeu o emprego feminino. No último ano, intensificouse a destrución do emprego temporal e perderon o traballo 2.800 mulleres asalariadas que tiñan un contrato temporal. De feito, a taxa de temporalidade das mulleres supera a dos homes tanto no sector privado coma no público. A maior diferenza entre ambas dáse no público: nas mulleres é do 26,8 % e nos homes é do 17,3 %; é dicir, que a diferenza é case de 10 puntos.
29 febrero 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)